A viveirense, Emily Sofía Castañeda, foi nomeada vogal do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia de Unicef

AMariñaXa
A integrante do Grupo de Participación Adolescente de Viveiro, Emily Sofía Castañeda, foi nomeada vogal do Consello Autonómico
EMILY SOFÍA CASTAÑEDA unicef vogal
25 Abr 2023

A integrante do Grupo de Participación Adolescente de Viveiro, Emily Sofía Castañeda, foi nomeada vogal do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia de Unicef.

A constitución do consello tivo lugar o venres 21 de abril na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, nun acto organizado por Unicef e a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

“Para o Concello de Viveiro é un honor que unha das nosas veciñas forme parte deste importante foro. Como institución pública animamos e impulsamos todas as iniciativas que sirvan para incentivar a participación dos máis novos na política e na vida social e cultural da vila, e o Grupo de Participación Adolescente, sen dúbida, está a cumprir con crecer todos os obxectivos que se marcaron dende a súa constitución”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Estamos enormemente orgullosos non só desta elección, senón do traballo e do esforzo de todo o Grupo ao longo do ano. Parabéns a todos os seus integrantes por este importante recoñecemento”, engade a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

Emily Sofía Castañeda agradeceu a Unicef a oportunidade que se lle brinda a partir deste momento como integrante deste órgano, ao tempo que subliña que “foi unha gran experiencia, na que puiden coñecer xente que tamén está interesada en dar voz ás mais novas e novos”. “Ademais o evento foi realmente moi bonito”, engade a viveirense.

Unicef Galicia e o Concello de Viveiro aplauden e felicitan a elección de Emily polo seu nomeamento, froito do interese e da implicación demostrada para dar protagonismo ás opinións dos nenos, nenas e adolescentes no ámbito autonómico.

EMILY SOFÍA CASTAÑEDA unicef vogal
0.17161798477173