A vindeira semana estará en Cervo o espazo itinerante Creactivity

AMariñaXa
A vindeira semana estará en Cervo o espazo itinerante Creactivity organizada pola Fundación La Caixa e o Concello de Cervo.
creactivity cervo 1
8 Out 2021

A vindeira semana estará en Cervo o espazo itinerante Creactivity organizada pola Fundación La Caixa e o Concello de Cervo.

Será o luns 11 na praza do Concello de Cervo e o martes 12 na dos Campos de San Cibrao. Os horarios de obradoiros e visitas serán de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.

Trátase dun proxecto itinerante que fomenta o enxeño e a creatividade dos nenos e nenas mediante obradoiros e actividades educativas.

O programa está dirixido a grupos escolares de 1° a 6° de primaria e 1° e 2° ciclo da ESO. Son sesións gratuítas de 60 minutos por clase e aproximadamente 25 alumnos.

Para concertar as visitas, reservar datas ou informarción, pódese chamar ao 900 101 493 ou escribir un email a info@creactivitybus.com.

creactivity cervo
0.18959808349609