A vindeira semana dará comezo a recollida de plásticos agrícolas porta a porta en Ribadeo
O luns 11 de marzo comezará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas por parte da empresa Soluciones Integrales para el Medio Ambiente S.L., transportista profesional de residuos autorizado coa inscrición SC-I-NP-XRT-00138, e que a mesma prolongarase durante os días que sexan necesarios para atender tódolos avisos de recollida recibidos en tempo e forma.
Para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, tódalas explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e solicitarano nas dependencias do Concello de Ribadeo ou a través do teléfono 982 120 701 en horario habitual ata o venres 08 de marzo de 2019.
Dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradecen a máxima colaboración posible no desenvolvemento deste servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida.