A vindeira semana continuarán os roteiros de A Mariña en ruta

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Ago 2020

A vindeira semana seguirán os roteiros de A Mariña en ruta, organizados pola Mancomunidade. Nesta ocasión achegaranse ata Riotorto, Ourol e Viveiro.

A minería de  ouro en Riotorto permitiranos coñecer un pouco máis sobre a minería romana que se desenvolveu na zona, descubrindo tanto o método de exploración como o de explotación. A día de hoxe aínda é visible no terreo os restos desa actividade mineira, o que axudará a entender mellor como funcionaba unha mina de ouro romana.

Municipio: Riotorto.
Data: 1 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 17:00  hs.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Gasolineira “Cepsa” de Riotorto. Rúa Alcalde Castrín 10 (Riotorto).
Dificultade: Media.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15.

 

Ourol Indiano e natural é un roteiro de 4´5km na que coñeceremos o patrimonio cultural e natural de Ourol.  Sairemos da Casa do Concello e camiñaremos polas rúas de Ourol descubrindo as curiosidades dalgunhas das casas indianas do pobo. Visitaremos tamén a igrexa de Santa María e o cemiterio. Á volta, colleremos os coches para acabar a visita na preciosa fervenza do río Xestosa, un paseo de 250 metros en descenso.

Municipio: Ourol.
Data: 2 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 11:00  hs.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Casa  do  Concello de Ourol. RúaMesón s/n (Ourol).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga. Pódese levar roupa de baño.
Prazas dispoñibles: 15.

Nun marco natural incomparable, o paseo polo Souto da Retorta invita a desconectar, a encontrar a paz e a coñecer a árbore máis grande de España, un eucalipto de máis de 100 anos. Coñeceremos a historia desta paraxe, entrelazándoa coa historia da fábrica de Chavín. Turismo de natureza e industrial unidos e interrelacionados.

Municipio: Viveiro.
Data: 3 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 11:00  hs.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Frente á “Taberna do Avó”, Chavín (Viveiro).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15.

0.16050720214844