A vilagarciá, Andrea Fernández, gañadora do certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo

TerraChaXa | AMariñaXa
A vilagarciá, Andrea Fernández, gañadora do certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo
15 Dec 2020

Andrea Fernández natural de Vilagarcía de Arousa álzase como gañadora da IX edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo.

Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado pola gañadora, que obterá un premio de 1500 euros, placa e diploma, ten por título Inventario dun adeus. Expiatoria.

O xurado destacou nos versos de Andrea Fernández Maneiro a "elaborada imaxinería do conxunto, o coidado na dicción e na escolla das solucións léxicas, así como o estreito diálogo entre o musical e o textual que envolve harmonicamente toda esta escrita".

O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra titulada Antípodada que é autora Paula Luís González, de Vigo.

O xurado salientou "a intelixente alternancia nestes versos de elementos da tradición culta con outros perfectamente pop, así como a hábil inserción de indicadores metapoéticos nun micropoemario con múltiples referencias á fauna e flora en xeral e mariña en particular".

Rosa María Novoa Vázquez acadou o 3º premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo Barazas e Sedeños. Branca Trigo é de Xunqueira de Ambía.

O xurado puxo en valor neste texto "a elegancia na dicción, a capacidade para ganduxar os elementos poéticos nun todo consistente e o delicado equilibro entre os versos máis emotivos e íntimos e aquel outros que acubillan unha evidente crítica social".

0.072812080383301