A vila de Mondoñedo celebrará o seu desfile e festa de Entroido o sábado 25

AMariñaXa
A vila de Mondoñedo celebrará o seu desfile e festa de Entroido o sábado 25 de febreiro cun desfile que percorrerá as rúas
Entroido Mondonedo 2023
6 Feb 2023

A vila de Mondoñedo celebrará o seu desfile e festa de Entroido o sábado 25 de febreiro cun desfile que percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na praza da Catedral.

O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17.30 horas e en caso de choiva, o desfile terá lugar na carpa da praza do Concello e a cada categoría se lle asigna unha hora, de xeito que só estarán os dorsais participantes de cada categoría, deixando o resto da carpa para o público e xurado.

Todos os que queiran participar poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982 524 003 e 982 507 177. O prazo máximo para inscribirse será ata as 14.00 horas do venres 24 de febreiro. Á hora de incribirse facilitaranse os seguintes datos: nome e DNI completo da persoa representante, nome do disfraz e un teléfono de contacto.

Haberá premios nas categorías adultos (comparsas 1.900 euros, grupos de máis de 10 persoas 850 euros, grupos de menos de 10 persoas 450 euros, parellas 400 euros e disfraces individuais 325 euros) e infantil (grupos 525 euros, parellas 225 euros e individuais 150 euros).

Ademais, haberá un premio especial ao mellor grupo de batería e percusión de comparsas, dotados con 200 euros.

A festa proseguirá ao rematar o desfile coa orquestra Principal na carpa da praza do Concello e tamén amenizarán a festa de despois da entrega de premios xunto co Discomóbil Onda Norte a partir da 01.00 horas.

Por outra banda, a Asociación Barrio dos Muíños tamén convida a súa festa de Entroido que será o venres 17 de febreiro, adiantándose a moitas outras celebracións. Nesta cita contarán con Eventec e Cosmedeejay para amenizar a xornada.

Entroido Mondonedo 2023
0.16649007797241