A VII Festa Labrega de Landrove, en Viveiro, terá lugar os días 13 e 14 de outubro
A VII Festa Labrega de Landrove, no Concello de Viveiro, terá lugar os días 13 e 14 de outubro e contará con todo tipo de xogos rurais dentro da programación das VI Olimpíadas Rurais.
A xornada comezará o venres 13, ás 21.00 horas na que será acendida a chama olímpica. Ás 22.00 horas actuará o grupo Amigos do Folk e haberá boliños preñados gratis para os asistentes.
O sábado 14, ás 13.00 horas o trío Zafiro animará a sesión vermú e os presentes poderán tomar o pincho labrego de tortilla, a ración para os socios será de 3 euros e ración non socios 4 euros.
Xa pola tarde, ás 16.00 horas comezarán as Olimpiadas Rurais e desde as 21.00 horas terá lugar a cea labrega composta por cunca labrega de caldo, cocido, café, pan e sobremesa e o seu prezo de 10 euros para socios e de 14 euros para os non socios.
Ás 23.00 horas comezará a festa co trío Zafiro e Santín & María Barral. Durante toda a velada levarase a cabo a entrega de premios