A VI Foliada de Cervo contará cun obradoiro de pandeiros

AMariñaXa
Aberto o prazo para participar na VI Foliada de Cervo e Feira de artesanía e alimentación Cervo, que será o día 7 de maio
foliada de cervo 2019
24 Mar 2022

A VI Foliada de Cervo, que se celebrará o vindeiro 7 de maio, contará este ano cun obradoiro de contrución de pandeiros, impartido por Xosé Maceda.

A VI Foliada de Cervo e a Feira de artesanía e alimentación. está organizada por Fol do Raxal, Acr Fervenza de Sargadelos e Marmeladas A Morena.

Será a partir das 10.00 horas na praza do Souto de Cervo, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan. Para asistir á feira con posto ou con grupo será necesaria a inscrición chamando ao teléfono 649 130 873 ou mediante o formulario web.

Para máis información e inscricións no curso, é necesario contactar antes do 10 de abril mediante correo electrónico fervenzadesargadelos@gmail.com ou no 678 957 554, xa que as prazas son limitadas.

0.15690994262695