A VI Festa Labrega de Landrove terá lugar os días 7 e 8 de outubro

AMariñaXa
A VI Festa Labrega de Landrove, no Concello de Viveiro, terá lugar os días 7 e 8 de outubro e contará con todo tipo de xogos rurais.
v olimpiadas rurais viveiro landrove 2022 1
3 Out 2022

A VI Festa Labrega de Landrove, no Concello de Viveiro, terá lugar os días 7 e 8 de outubro e contará con todo tipo de xogos rurais.

A xornada comezará o venres 7, ás 21.00 horas na que será acendida a chama olímpica. Ás 22.00 horas actuará un grupo de música tradicional  e haberá boliños preñados gratis para os asistentes.

O sábado 8, ás 13.00 horas o dúo Zafiro animará a sesión vermú e os presentes poderán tomar o pincho labrego de tortilla, a ración para os socios será de 3 euros e ración non socios 4 euros.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas comezarán as VI Olimpiadas Rurais e desde as 21.30 horas terá lugar a cea labrega composta por cunca labrega de caldo, cocido, café, pan e sobremesa e o seu prezo de 10 euros para socios e de 14 euros para os non socios.

Ás 23.30 horas comezará a festa co dúo Zafiro e Verónica Cambón. Durante toda a velada levarase a cabo a entrega de premios

v olimpiadas rurais viveiro landrove 2022
0.11152505874634