A VI edición do Ribadeo Ilustrado terá lugar os días 6, 7 e 8 de xuño
A Área Turismo do Concello de Ribadeo organiza a VI edición do Ribadeo Ilustrado que terá lugar os días 6, 7 e 8 de xuño.
A concelleira Marta Saiz explicou que “o tema central ao redor do que xirarán as actividades será de novo, Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. Tentaremos afondar na figura dun dos personaxes máis carismáticos da contorna, cos seus claros e sombras”.
A edil de Turismo dixo que “a presentación do libro As máscaras de Ibáñez. O Marqués de Sargadelos que nunca foi, acompañada da obra de teatro que leva o mesmo nome, ambas as dúas a cargo de Avelaiña Teatro, achegarannos máis información sobre esta interesante personaxe, iniciadora de interesantes proxectos empresariais”.
Saiz indicou que “esta nova edición segue a medrar da man de conferencias onde participarán historiadores como Alberto Paraje e representacións musicais como a da Orquestra de Cámara Galega.Haberá tamén lugar para as representacións teatrais a cargo de diversas formación locais e foráneas”.