A veciñanza do Vicedo volve concentrarse ante a falta de médicos no centro de saúde

AMariñaXa
Unha vez máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de O Vicedo convocan unha manifestación
manifestacion_medicos_o_vicedo
23 Xul 2024

Os veciños e veciñas do Vicedo continúan coas protestas pola falta de médicos no centro de saúde e reclaman a cobertura das dúas prazas de médicos con carácter fixo. Unha vez máis, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de O Vicedo convocan unha manifestación este domingo 28 de xullo ás 11.30 horas para esixir mudanzas na situación.

Os convocantes, que portarán pancartas e corearán "médicos no Vicedo xa", aseguran que durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, con días sen facultativo, outros nos que só se atenderon as urxencias, anuláronse citas ou só houbo atención catro horas. Tampouco lograron atención no pediatra en Viveiro. Afirman que o ambulatorio vicedense está "en colapso técnico" e reclaman un cambio de rumbo para que se cubran as dúas prazas de médicos con persoal fixo e que se garanta una atención de calidade, con un pediatra en Viveiro para os nenos de Ourol e do Vicedo.

0.14958715438843