A veciñanza do Vicedo concentrouse para demandar máis médicos da man da AA.VV. San Román do Vicedo
Veciños e veciñas do Vicedo volveron a concentrarse da man da Asociación Veciñal San Román do Vicedo pola situación sanitaria que están vivindo no municipio, xa que denuncian a escaseza de médicos.
Así, din que “estas concentracións non só son un reclamo polos médicos, senón tamén un recordatorio da nosa capacidade colectiva para loitar e lograr melloras tanxibles para O Vicedo”, defenden.
Engaden ademais que “a forzad un pobo reside na súa capacidade para unirse entre veciños e abordar os problemas todos xuntos” e agora “non podemos quedarnos na pasividade e é hora de demostrar que somos capaces de enfrontar e superar as cambadelas que nos están poñendo”, sosteñen.
Con todo isto, as decenas de persoas que se xuntaron para protestar pola situación que se vive no centro de saúde, que “O Vicedo merece contar con servizos médicos de atención primaria axeitados, e é a nosa obriga como colectivo asociacionista asegurarnos de que así sexa”.