A veciñanza de Campo de Verdes, en Viveiro, urxe no Pleno o ensanche do seu vial

AMariñaXa
A veciñanza de Campo de Verdes levou a este Pleno de xuño a urxencia de ensanchar o vial que vai cara as súas vivendas
Campo de Verdes Viveiro
19 Jun 2022

A veciñanza de Campo de Verdes levou a este Pleno de xuño, xunto coa concelleira Míriam Bermúdez, a urxencia de ensanchar o vial que vai cara as súas vivendas. "Estes veciños viven con preocupación, acumulando sustos, coñecedores de que o acceso ás súas vivendas impide o paso de camións de bombeiros e ambulancias medicalizadas, entre outros servizos públicos vitais e necesarios", di a concelleira nacionalista Miriam Bermúdez.

A concelleira do BNG plantexaba xa en abril cando defendeu á veciñanza da Misericordia, si era posible a modificación puntual das normas urbanísticas actuais para poder abrir novos pasos ou ensanchar os existentes. "A resposta que se lle deu por parte do goberno de María Loureiro, foi que non era posible unha modificación e que habería que agardar á aprobación do PXOM", dixo.

Míriam Bermúdez, indica que “a realidade é que levamos agardando pola aprobación do PXOM 11 anos e o mes pasado coñecíamos outro novo atranco, xa que o informe sectorial da AXI veu denegado, o que suporá un novo atraso considerable no tempo co consecuente risco de perder outros informes sectoriais que están preto de caducar. Consideramos que agardar pola aprobación do PXOM non é unha opción.”

Míriam Bermúdez propón “solicitar unha modificación puntual das normas ubanísticas, que permitiría ensanchar e actuar neste viais sen o PXOM aprobado”, e explicao referíndose a que “no pleno do 9 de xullo de 2009, aprobouse solicitar unha serie de modificacións nas normas que permitían unha maior capacidade construtiva. Esa proposta do Pleno elaborada polo técnico municipal, aprobouse por unanimidade e foi traslada á Xunta de Galicia quen en apenas 1 ano, a facía efectiva coa aprobación no DOG do Decreto 89/2019, do 3 de xuño polo que se modifica a ordenación provisional.

Tras estas aclaracións de Míriam Bermúdez no Pleno, María Loureiro virou o discurso de “non se pode sen o PXOM” a “estamos pendentes dos informes favorables de Augas de Galiza para poder facer un retranqueo do muro que impide o paso”.

Bermúdez requireu a Loureiro que compartise a documentación relacionada con esta actuación, da que en teoría depende agora de Augas de Galicia, “consideramos que é unha situación de máxima urxencia e require a atención e o esforzo necesario para acadar unha saída.”

Na sesión plenaria, Míriam Bermúdez solicitou á alcaldesa en reiteradas ocasións, dar a palabra á veciñanza de Campo de Verdes alí presentes no pleno para que contasen de primeira man a gravidade da situación e expresar o seu malestar, proposta que rechazou María Loureiro provocando a indignación da veciñanza que abandonaba o Pleno na segunda ocasión que a súa palabra lle foi negada. En anteriores ocasións a alcaldesa si permiteu as intervencións do público.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16672015190125