A veciñanza de Burela critica os verquidos fecais que "encheron as rúas" por culpa das intensas chuvias

AMariñaXa
A veciñanza de Burela vén de queixarse sobre os verquidos fecais que "encheron todo a zona dende a fábrica de xeo ata a Moncloa"
verquidos fecais Burela 7 maio 2023 8
9 Maio 2023

A veciñanza de Burela vén de queixarse sobre os verquidos fecais que "encheron todo a zona dende a fábrica de xeo ata a Moncloa" por culpa das intesas chuvias deste pasado domingo 7 de maio.

"Esto leva pasando moitos anos e por algunha razón ningúen fixo nada efectivo", din os veciños que manifestaban o seu malestar tras ver a estrada chea de residuos "pasaban os coches polos excrementos que hai dende Armón ata ABSA, repartindo e levando con eles un olor insoportable".

Din que "o tema non se solucionará ata que fagan unha depuradora nova ou polo menos busquen o xeito de que podan desviar as augas pluviais".

En febreiro de 2021 adxudicouse o proxecto executivo da Edar de Burela e fai un ano exactamente, en maio 2022, o Concello de Burela, Portos e Augas de Galicia mantiveron unha reunión onde abordaron a mellora da estación depuradora de augas residuais a través dun convenio de colaboración.

Neste documento concretábase a realización dunha nova canalización con novos colectores para adaptala ás necesidades actuais e resolver as deficiencias existentes, recollendo a maior parte das augas residuais para impulsalas cara á futura depuradora.

verquidos fecais Burela 7 maio 2023 6
0.081867933273315