A veciña de Barreiros, Dora García, cumpriu un século de vida
AMariñaXa
No seu domicilio de Reinante celebrouno a carón do seu fillo con doce conmemorativo preparado para a ocasión
25 Jan 2025
Barreiros conta cunha nova centenaria. Dora García Fernández cumpriu onte un século de vida. No seu domicilio de Reinante celebrouno a carón do seu fillo con doce conmemorativo preparado para a ocasión. Nada en Lugo, leva moitos anos vivindo en Reinante, a terra do seu home.
"Dora García come de todo", segundo conta José Manuel, o seu fillo, "e pasa o día na casa lendo o periódico e algunha revista, vendo a televisión, e recibindo a visita de amizades e veciños que se achegan vela e a charlar con ela". Arredor da mesa comparten conversas e café. "Dora goza de boa saúde e dunha mente privilexiada", engade.