A Valedora do Pobo arquiva a queixa da asociación A Ribeira de Foz polo calado do porto

Foz
AMariñaXa
Recoméndalle que traslade a súa reclamación a Portos de Galicia, organismo competente en materia portuaria
FOZ-peirao-Foto-actual-da-canle-de-acceso-o-muelle-pesqueiro-cos-barcos-profesionais-varados-na-espera-da-subida-da-marea-para-atracar
24 Apr 2025

A institución da Valedora do Pobo decidiu arquivar a queixa presentada pola asociación A Ribeira de Foz en relación co insuficiente calado do canal e da bocana de acceso ao porto, especialmente nas horas de baixamar, o que segundo denuncian, dificulta a navegación e o acceso das embarcacións.

Nun escrito remitido á entidade, a Valedora sinala que para que o organismo poida intervir fronte a unha administración pública, debe constatarse previamente unha actuación administrativa irregular ou algunha medida que limite ou impida de maneira inxustificada o exercicio de dereitos.

Neste caso, considera que non consta que se teña informado da situación ás autoridades competentes polos leitos oficiais, polo que non procede a súa actuación neste momento. A Valedora recomenda expresamente á asociación que formule a súa queixa diante de Portos de Galicia, ao entender que é o organismo autonómico responsable de avaliar ou revisar a situación denunciada.

Deste modo, a Valedora do Pobo insta á asociación a seguir o procedemento formal correspondente para que a súa demanda poida ser atendida polos canles administrativos pertinentes.

⚙ Configurar cookies
0.098320007324219