A V Festa Labrega de Landrove será esta fin de semana
A V Festa Labrega de Landrove, no Concello de Viveiro, terá lugar os días 11 e 12 de outubro.
A xornada comezará o venres 11, ás 21.30 horas na que será acendida a chama olímpica. Ás 22.00 horas actuará o grupo Os do 21 e os presentes poderán degustar gratis boliños preñados.
O sábado 12, ás 13.00 horas o dúo Areal animará a sesión vermú e os presentes poderán tomar o pincho labrego de tortilla, a ración para os socios será de 2 euros e ración non socios 4 euros.
Ás 16.00 horas comezarán as IV Olimpiadas Rurais e desde as 21.30 horas terá lugar a cea labrega.
A cea estará composta por cunca labrega de caldo, cocido, café, pan e sobremesa e o seu prezo de 6 euros para socios e de 8 euros para os non socios.
Ás 23.30 horas comezará a festa co dúo Areal e Verónica Cambón. Durante a velada levarase a cabo a entrega de premios