A V edición da Festa Gastronómica da Enfariñada de Trabada desenvolveuse con moita participación

AMariñaXa
A deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou co alcalde de Trabada, Rubén García Freije, na celebración da quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada.
Festa Gastronómica da Enfariñada de Trabada
6 May 2024

A deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou co alcalde de Trabada, Rubén García Freije, na celebración da quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada. Esta cita, á que a institución provincial achega 10.000 euros para a súa organización, e que reuniu a centos de persoas para degustar de xeito gratuíto este prato típico trabadense.

Carmela López subliñou a proxección que en tan só cinco anos acadou este encontro arredor dunha receita, á que tamén se lle chama faragullos, e que se fundamenta no touciño, ovos, leite, fariña e auga.

“Ver aquí veciños e veciñas implicados de xeito desinteresado, de todas as idades, en algo tan especial como é manter viva a tradición, é o que nos anima dende a Deputación a colaborar para consolidar a Festa da Enfariñada e atraer visitantes”.

“Temos que recoñecer o enorme traballo que fai o Concello por enxalzar este produto”, afirmou, ao tempo que reivindicou a aposta solidaria que fai, ao contar coa asociación Saúde Mental A Mariña para a elaboración das cuncas nas que se serviron as racións. Ademais de degustacións, a programación incluíu un mercadiño con postos de artesanía e de produtos locais, e música durante todo o día.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18005681037903