A USC organiza unha xornadas sobre rural e xénero en Xove

AMariñaXa
O Lugar das Marías na Rigueira de Xove acolle os días 2 e 3 de setembro as xornadas da USC Rural e xénero que contarán co gurpo Histagra
charlas rural e xenero xove usc 1
23 Aug 2021

O Lugar das Marías na Rigueira de Xove acolle os días 2 e 3 de setembro as xornadas da USC Rural e xénero que contarán co gurpo Histagra. Darán comezo o xoves día 2 ás 10.00 horas coa charla inaugural a cargo de Lucía Canoura Sánchez: O Proxecto Lugar das Marías: inspiracións, accións e retos de resignificar o hábitat.

Ás 11.00 horas será a quenda de Mover os marcos: os rurais imaxinados, os rurais en nubes, e despois a charla de de Laura Pardeiro (Blog Leiras e Marcos) sobre Mocidade e medio rural. Os modelos positivos como vehículo cara ao repoboamento. Acto seguido será o relatorio e debate a cargo de Marta Veiga Izaguirre do departamento de Ciencias da Comunicación da USC.

Xa pola tarde ás 16.00 horas dará comezo Na procura dun rural igualitario: dende a Administración e dende a sociedade civil, e unha charla de Natalia Paleo Mosquera do departamento de Ciencia Política e Socioloxía, As políticas de igualdade nos concellos rurais. Retos actuais. Máis tarde será o relatorio a cargo do Observatorio Feminista pola Igualdade da Mariña.

Ás 18.30 horas comezará Na encrucillada das ruralidades e do xénero: os comúns, e unha charla de Beatriz Rodríguez-Morales, Doutora en Enxeñaría de Montes, Percepción e participación das mulleres na gobernanza dos comunais. Acto seguido será o relatorio e debate a cargo de Ana Cabana Iglesia do departamento de Historia - Histagra.

Xa o venres 3 as charlas Ruralidades en clave de arte: pinceladas de desenvolvemento rural, comezarán con Xoana Almar de Cestola Sociedade Cooperativa Galega, Darlle cores ao rural: os murais en contextos non urbanos, e depois será o relatorio e debate a cargo de Elena Freire Paz do departamento de Filosofía
e Antropoloxía, USC & AGANTRO).

Ás 12.00 horas comezará Ruralidades en clave contrahexemónica coa charla de Marta Veiga Izaguirre, O desafío ao heternormativo na nova música popular galega. Acto seguido será o relatorio e debate por Francisco Quiroga do Histagra, e xa ás 16.00 horas serán As memorias dos rurais: tecer etnografías para o desenvolvemento, que contarán coa charla de Lucía Sánchez Meitín do Concello de Xove, Peneirando a memoria: modelos funcionais para a nova
ruralidade. Pecharase este tema co relatorio e dabate por Ana Cabana e Elena Freire da USC.

Por último, á 18.30 horas farase o obradoiro O cancioneiro tradicional en clave de xénero, a cargo de Blanca Villares e Pablo Pintor.

charlas rural e xenero xove usc
0.17006993293762