A Unión Deportiva Folgueiro prepara unha comida popular polo seu 21 aniversario
AMariñaXa
A cita será no campo da festa do Folgueiro e arrancará ás 13.00 horas son sesión vermú da man de Zafiro
9 Xul 2024
A Unión Deportiva Folgueiro prepara unha comida popular polo seu 21 aniversario. A cita será o 13 de xullo no campo da festa do Folgueiro e arrancará ás 13.00 horas son sesión vermú da man de Zafiro que tamén amenizará a tarde. Ademais, poñerán un autobús gratuíto que sairá ás 12.30 horas desde a estación de autobuses. O menú é a base de empanada, mexillóns, langostinos, carrilleiras e sobremesa por 40 euros por perosa e 20 para os menores de 15 anos.