A unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta estará en Viveiro a finais de maio
AMariñaXa
A unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta estará na vila nos días 25, 26, 29 e 30 de maio na explanada do pavillón municipal
21 Abr 2023
A unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta estará na vila nos días 25, 26, 29 e 30 de maio na explanada do pavillón municipal prestando unha serie de servizos destinados ás persoas maiores para a prevención da dependencia. Toda a atención é de xeito gratuíto.
As unidades móbiles do programa Coidados Porta a Porta percorren diferentes concellos galegos para achegar os servizos asistencias de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
As persoas interesadas en facer uso deste servizo en Viveiro poden solicitar máis información ou cita previa chamando aos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, así como no email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal