A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará en Alfoz

AMariñaXa
A unidade móbil de inspección técnica de vehículos estará no concello este mes de outubro
tractor-itv-agricola
7 Out 2024

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos estará no concello de Alfoz neste mes de outubro, concretamente do día 11 ao 17. A estación itinerante estará situada no campo de fútbol co obxectivo de realizar a inspección técnica periódica. O horario será de 9.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 pola tarde. O servizo prestarase sempre en horario de mañá e tarde agás o 11 e o 17 que só será hoario de mañá. Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.

0.16166305541992