A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprázase a Ribadeo

AMariñaXa
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio.
13 Maio 2024

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio. O concelleiro de Medio Rural, Diego dos Santos, explica que "esta unidade móbil estará situada na avenida de Luarca, xunto ao pavillón polideportivo". O día 13 o horario de atención será de 09.00 a 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. E o día 14 será só en horario de mañá. As persoas interesadas poden solicitar cita previa no teléfono 902 309 000 ou tamén a través da páxina web www.sycitv.com”.

0.094953775405884