A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións estará o martes no Hospital da Mariña

AMariñaXa
A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións colocarase  na entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 5
umar mesa informativa plataforma sanitaria
1 Abr 2022

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións colocarase  na entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 5 de abril no seu horario habitual, de 11 a 13 horas.

O fin destes dispositivos é informar a usuarios, profesionais e veciños da situación de emerxencia que está a sufrir a sanidade pública , con déficits importantes de persoal e cunhas agardas inaceptables, tanto para facer probas diagnósticas como para consultas ou intervencións. Tamén desde a UMAR redactaranse e rexistraranse reclamación a aqueleas veciñas e veciños que así o precisen e por estes mesmos motivos.

A coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro , no nome do colectivo anima a veciñanza a que se achegue ata a entrada principal do Hospital da Mariña para facer a súa reclamación, porque “ a reclamación é un dos mecanismos dos que dispoñemos para denunciar as vergoñentas  agardas que temos que  soportar e que incumplen flagrantemente a lei de garantías sanitarias “.

0.088153123855591