A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións estará o martes en Barreiros

AMariñaXa
A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que retoma a actividade o martes 5 de xullo no centro de saúde de Barreiros
UMAR Plataforma Sanitaria Emerxencias
2 Xul 2022

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ou UMAR desprazarase ao centro de saúde de Barreiros o vindeiro martes 5 de xullo no seu horario habitual, de 11.00 a 13.00 horas, en resposta á grave situación pola que está a pasar, sen pediatra que substitúa as vacacións do titular e coa baixa de longa duración dunha médica de familia tamén sen substituir.

VACACIÓNS DO PEDIATRA

No caso do pediatra, compartido con Mondoñedo e Lourenzá, desde o día 1 ata o 17 de xullo as tres poboacións carecerán deste servizo pola decisión de non substituílo. "A situación é grave e reiterada no tempo, xa que cada vez que o profesional colle un permiso ou unha baixa, a consulta pecha, quedando sen servizo de pediatría. Esto significa que a totalidade das revisións de neno san, a consulta a demanda por enfermidade e as urxencias deixan de prestarse, tendo que utilizar os servizos de urxencias se é preciso ou acudindo a pediatras privados se poden permitirse pagar a consulta", di a súa coordinadora, Montse Porteiro.

MÉDICO DE FAMILIA

"As cousas non están moito mellor no caso de médicos de familia, pois dos tres que hai o habitual é que solo estén dous, xa que a terceira leva meses de baixa sen ser substituída; se acaso, algún día envían un reforzo", di Porteiro. A traducción práctica é que dous profesionais teñen que atender o cupo da médica ausente, sobrecargandose de traballo, o que redunda nunha diminución da calidade asistencial e aumenta a posibilidade de cometer erros. "Esta situación viuse en numerosas ocasións agravada cando algún dos dous profesionais causou baixa ou tivo algún permiso e a totalidade da poboación de Barreiros dependía dun/ha soa profesional. A piques de recibir gran cantidade de turistas que triplicarán a súa poboación, a asistencia sanitaria quedará no mellor dos casos en mans de dous médicos, pois tampouco teremos médico de desprazados este verán “,  comentan desde o colectivo.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animan aos veciños de Barreiros a que se acheguen ata o centro de saúde a facer a súa reclamación pois , segundo nos explica a súa Montse Porteiro, “ se gran parte da poboación reclama o que lle corresponde ou reivindica unha atención sanitaria digna e de calidade a resposta da administración cambia radicalmente”.

0.1394681930542