A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións estará no Hospital da Mariña o día 7

AMariñaXa
A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que retoma a actividade o martes 7 de xuño no Hospital da Mariña de Burela
UMAR Plataforma Sanitaria Emerxencias
5 Xuño 2022

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a  Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR)  desprazarase novamente ata a entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 7 de xuño en horario de 11 a 13 horas. O dispositivo móbil axudará a redactar e rexistrar reclamacións por agardas excesivas na realización de probas diagnósticas, en citacións para consultas ou en intervencións , a todas as persoas que se acheguen ata alí .  

Desde o colectivo sanitario animamos a todas aquelas persoas que se atopen nestas situacións para que fagan efectiva a súa reclamación, constatando así as eivas que están a sufrir os servizos sanitarios públicos de xeito oficial e dando a oportunidade á dirección do centro e á administración sanitaria para corrixir estas situacións, pois “na maioría dos casos trátase de agardas que superan con moito os tempos aceptables de atraso , obviándose a situación límite na que se atopan moitos servizos  “-  comentan desde o colectivo sanitario.

0.13857007026672