A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións estará mañá no Hospital da Mariña

AMariñaXa
A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que retoma a actividade da Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións, UMAR
umar mesa informativa plataforma sanitaria
7 Nov 2022

A Unidade Móbil  de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desprazarase o vindeiro martes 8 de novembro á entrada principal do Hospital da Mariña no seu horario habitual, de 11 a 13 horas.

A mesa redactará  e rexistrará reclamacións  de todo o relativo a listas de espera excesivas para consultas, probas diagnósticas ou intervencións, así como tamén informará ás veciñas e veciños daquelas cuestións relacionadas  . Nesta ocasión tamén haberá una recollida de sinaturas en apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.Esta iniciativa recolle medidas tan importantes como establecer a presencialidade , dotar do persoal sanitario e administrativo suficiente para manter a calidade asistencial, incorporar novas categorías como como logopedia, podoloxía, psicoloxía clínica etc para ofertar una asistencia integrada ou recuperar as xerencias de Primaria.

Desde o colectivo sanitario animamos a veciños e veciñas a que acudan o martes  8 de novembro ao hospital da Mariña para facer efectivas as súas reclamación e para apoiar coa súa sinatura esta iniciativa lexislativa popular ” para defender una Atención Primaria que esmorece diante dos nosos fuciños coa connivencia do goberno da Xunta”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora do colectivo sanitario.

0.1651291847229