A unidade móbil da ITV agrícola estará en Trabada os días 23 e 24 de setembro

O Concello de Trabada vén de anunciar que os próximos 23 e 24 de setembro a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas instalarase na explanada do punto limpo co fin de realizar as revisións obrigatorias. O horario de atención ao público será de 09:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.
As persoas interesadas deberán pedir cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web www.sycitv.com. O alcalde, Rubén García, destacou que “desde o Concello facilitamos a chegada deste servizo co obxectivo de que os nosos veciños e veciñas, especialmente os profesionais do sector agrícola, teñan a posibilidade de pasar a inspección sen necesidade de desprazarse a outros concellos”.
Desde o consistorio anímase a todos os propietarios de vehículos agrícolas a aproveitar esta ocasión, lembrando que a inspección é obrigatoria e garante tanto a seguridade como o correcto funcionamento do parque móbil da zona.