A UNED Sénior de Viveiro contará cun autobús para as súas viaxes

AMariñaXa
A UNED Sénior de Viveiro contará cun autobús para as súas viaxes. Nesta ocasión foi dentro da materia de Econoloxía.
Uned senior viveiro
20 Feb 2022

A aula UNED Senior de Viveiro poderá continuar coas súas viaxes gracias a unha achega do Concello para facilitarlles neste caso un autobús para realizar a viaxe programada dentro da materia de Econoloxía. 

Nesta materia de econoloxía, impartida entre o 21 de outubro e o 17 de febreiro, matriculáronse un total de 15 veciños de Viveiro. 

Deste modo, o pasado 17 de febreiro viaxaron a Brión e Boiro para aprender como xestionan o seu territorio os colectivos vinculados á UNED Senior deses lugares.

A xornada, guiada por Carme Freire, contou con visitas ao espazo colaborativo “Transformando Brión”, acondicionado para o colectivo realice alí as súas conservas. En Boiro, visitaron as instalacións do Pazo de Goiáns, onde os usuarios puxeron en marcha unha horta comunitaria. 

0.19396114349365