A UNED organiza un curso de nutrición práctica

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para un curso sobre nutrición práctica, que terá lugar do 21 ao 24 de febreiro.
curso nutricion practica
13 Feb 2022

A UNED de Lugo abre o prazo de matrícula para un curso sobre nutrición práctica.

O curso Nutrición práctica, que saber para comer san ofrece aos seus asistentes unha idea clara do que é unha alimentación equilibrada e saudable, así como a posibilidade de adquirir coñecementos de nutrición que se poden aplicar na súa vida diaria.

Ademais, trataranse temas actuais da nutrición e da alimentación, dando unha visión realista e baseada na ciencia, para que os asistentes aprendan a ser críticos coa información que reciben dos medios de comunicación acerca de diversos temas nutricionais, tales como a suplementación nutricional, o mundo das dietas, o xaxún
intermitente...

Este curso será impartido por María Ángeles Novo Martínez, dietista nutricionista, máster en Nutrición Clínica e coach nutricional.

Realizarase online ou presencial, en directo ou en diferido do 21 ao 24 de febreiro no horario de 18:00 a 19:30.

0.20022892951965