A UNED de Viveiro incorpora dúas novas materias este curso
O Concello de Viveiro e a UNED presentaron as novas asignaturas que se impartirán este curso na aula da UNED de Viveiro. Trátase das asignaturas Aproximación a historia do cine galego; e La historia del arte: camino de la contemporaneidad. Ambas serán impartidas no primeiro cuadrimestre do programa UNED Sénior. Participaron no acto de presentación xunto a docentes de ambas asignaturas Milagrosa Ferrera, coordinadora da Uned de Viveiro, e Jesús Fernández Fernández, concelleiro de Educación.
Aproximación a historia do cine galego será impartida os martes de 18.00 a 20.00, e La historia del arte: camino de la contemporaneidad, os xoves no mesmo horario. Jesús Fernández Fernández sinalou que estas dúas asignaturas son "unha excelente ampliación da oferta universitaria existente en Viveiro grazas á universidade a distancia".