A UNED abre matrícula para os cursos de formación permanente e de idiomas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A UNED abre o prazo de matriculación para os cursos de Formación Permanente e tamén para os seus cursos de idiomas.
formacion permanente matricula uned
12 sep 2022

A UNED abre o prazo de matriculación para os cursos de Formación Permanente. O seu obxectivo é manter a aprendizaxe ao longo da vida, mellorar os coñecementos, as aptitudes e a capacitación das persoas. Conta con máis de 800 títulos cos que a universidade responde as necesidades formativas das persoas, así como ás esixencias dos diferentes sectores que requiren de profesionais con coñecementos en novas disciplinas.

O período de matriculación para os títulos de Formación Permanente estará aberto ata o 30 de novembro de 2022. Son máis de 800 títulos agrupados en dous grandes bloques (Posgrao e Desenvolvemento Profesional e Persoal), en función de se se conta ou non cunha titulación universitaria previa. Ademais, os cursos poden estudarse en estrutura modular, é dicir, que se trata dunha formación aberta e progresista. Aberta porque o estudante elixe o itinerario para seguir dentro do programa seleccionado, e progresista porque permite ir acreditándose por módulos e ter acceso a titulacións superiores.

Os títulos enmarcados dentro dos programas de formación permanente cúrsanse principalmente en modalidade en liña, aínda que dependendo da especialidade elixida tamén están dispoñibles en modalidade semipresencial. Impártense de decembro a maio e dan lugar a un Título Propio da UNED, así como ao recoñecemento dos créditos ECTS a que equivalla cada un deles.

Dentro da oferta de Formación Permanente, pódense cursar formacións englobadas dentro das seguintes disciplinas: Ciencias, Enxeñería e Arquitectura, Ciencias Xurídicas e Administración Pública, Ciencias Sociais, Relacións Laborais e Cooperación, Economía e Xestión Empresarial, Educación, Humanidades e Artes, Informática, Linguas, Psicoloxía, Saúde, e Seguridade e Defensa.

Con estes títulos, a UNED impulsa a aprendizaxe ao longo da vida, que se basea na premisa de que a aprendizaxe non está confinado a un período específico da mesma, e permite que as persoas poidan acceder a formacións concretas para ampliar e actualizar o seu coñecemento, así como reorientar a súa vida laboral.

IDIOMAS

O Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED tamén ten aberto ata o 21 de outubro o prazo de matriculación para os seus 16 idiomas en modalidade online ou semipresencial. Segundo o idioma elixido, pódense cursar até 6 niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).

Os cursos de idiomas da UNED están deseñados para traballar en cada nivel, ademais do catro competencias comunicativas (gramatical, sociolingüística, discursiva e estratéxica), a compresión e expresión, tanto oral como escrita. Entre a súa ampla oferta, pódese elixir os idiomas cooficiais de España, pasando polas linguas europeas até aqueles tan demandados como o Chinés, o Árabe ou a lingua de signos española. Os cursos están dirixidos a toda persoa de nacionalidade española ou estranxeira a partir dos 16 anos, sen necesidade de posuír titulación académica.

Para os alumnos que desexan continuar a súa formación en idiomas e non está seguro do nivel ao que se deba matricular, existe a posibilidade de realizar unha proba de nivel gratuíta, que permite coñecer o seu nivel de competencia antes da matriculación. Os cursos teñen diferente tarifa en función de se se trata da modalidade de aprendizaxe mixta (330€) ou da modalidade online (248€), ambas as tarifas dispoñen de descontos aplicables a familias numerosas. Ademais, a UNED dispón para os seus cursos de idiomas dunha tarifa reducida da que gozan estudantes e antigos estudantes, para que poidan completar a súa formación.

Os cursos, independentemente da súa modalidade, dura de novembro a maio e contempla 150 horas lectivas. Os estudantes do Centro Universitario de Idiomas a Distancia da UNED reciben unha titorización levada a cabo por un equipo formado por coordinadores, profesores titores dos centros UNED, Titores en Liña e Titores de Apoio Virtual, segundo a modalidade, o que garante a adquisición das mesmas competencias a todos os nosos estudantes.

Unha vez superadas o catro destrezas avaliables, o estudante recibe un certificado gratuíto que acredita o nivel de idioma adquirido. Este certificado é un título propio, e é aceptado en todas as titulacións da UNED que requiran certificación de idiomas. Deste xeito facilítase o acceso da acreditación aos estudantes das diferentes formacións que o requiran para continuar os estudos.

Na UNED de Lugo ofértanse 5 idiomas na modalidade aprendizaxe mixta: Inglés (5 niveis), Galego, Chinés, Portugués e Alemán.

horario uned idiomas
0.089437007904053