A UCI baléirase pero Xove e Viveiro sofren outro revés en número de contaxios

TerraChaXa | AMariñaXa
A UCI se vacía pero Xove e Viveiro sofren outro revés en número de contaxios. Na provincia este luns son xa 14 casos activos máis en 24 horas
4 Xan 2021

Por primeira vez en moitas semanas as UCI da provincia quedan baleiras malia que o virus segue aumentando a súa incidencia. Así, este luns son xa 14 casos activos máis (onte foron 8) en 24 horas o que sitúa o balance en 507. De feito, nas últimas horas rexistráronse 57 contaxios novos (onte foron 29) mentres que as altas chegan ás 6.629, 36 máis que onte (o día anterior foron 25).

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.283 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.

Mentres que abandonan a UCI as dúas persoas que había en planta queda un paciente máis en planta e xa son 17: 4 no Hula (os mesmos), 10 no Hospital da Mariña (un máis) e 3 no Hospital de Monforte (os mesmos).

A situación na Mariña non mellora moito. Xove segue liderando a preocupación na comarca con 76 casos nos últimos quince días, tres máis que onte. En Viveiro, que estaba a estabilizarse, volve subir, cun salto importante ao chegar a 64 casos, nove máis que onte.

Os dous concellos están con peche perimetral e control da hostalaría así como medidas de aforo ao estar en estado de alerta.

Outros concellos están en vixilancia, como en Burela, que chega aos 25 casos, 2 máis que hai 24 horas. Ribadeo mantén os 28 de onte e Foz baixa a súa incidencia a 10 contaxios novos nunha quincena, dous menos.

O resto de concellos mariñaos teñen moi baixa a incidencia e Lourenzá e Barreiros son os únicos onde non houbo casos novos de covid na última quincena.

No resto da provincia, só Vilalba permanece en alerta media alta con 29 casos, cantidade que non descende dende hai días. Xermade xa ten controlado o seu gromo e a veciña As Pontes tamén baixou xa de dez casos a súa incidencia acumulada malia que segue en alerta máxima.

Tamén continúa o proceso de vacinación nos centros de maiores da provincia.

0.15072894096375