A tradicional Feira das Maulas de Galdo non se celebrará este ano

AMariñaXa
A Feira das Maulas de Viveiro celebrarase o vindeiro domingo 14 de maio en Galdo. A programación inclúe o mercado e a carreira de cabalos
21 Feb 2024

O Concello de Viveiro comunicou que este anon non asumirá, coma noutros anos, de forma excepcional a organización da Feira das Maulas.

Esta tradicional Feira de Galdo sempre foi organizada pola asociación de veciños, coa colaboración do Concello de Viveiro, para a cal "o Concello achegaba uns 7.000 euros, xa que non era posible asumilo por parte da asociación de veciños", sinalan dende o Goberno local.

Este ano, o concello falou coa asociación de veciños para explicarlles que non podía asumir o custo íntegro da organización da feira, e a "asociación tampouco pode facerse cargo, polo que decidiu que non se celebra este ano", din.

A Feira das Maulas naceu como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.

https://galiciaxa.com/2023/07/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/220408/


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18046307563782