A Tradescola pon en marcha unha nova edición do certame de debuxo sobre a música tradicional

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Tradescola po en marcha unha nova edición do Certame de debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional galega, que pretende difundir a música e cultura tradicional entre as xeracións máis novas.
certame_tradescola
5 Mar 2024

A Tradescola po en marcha unha nova edición do Certame de debuxo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional galega, que pretende difundir a música e cultura tradicional entre as xeracións máis novas. A iniciativa, dirixida a nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria de toda a provincia de Lugo, conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A continuidade do certame contribúe “a que as nenas e nenos coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos”, valorou a deputada de Cultura Iria Castro. Así mesmo reafirmou “o compromiso da área de Cultura con todas as actividades formativas e divulgativas que desenvolve a Tradescola ao longo do ano”.

A participación no certame articúlase a través dos centros educativos, que recibiron a convocatoria e as bases. Os debuxos deberanse enviar (escaneados ou fotografiados) por correo electrónico á Tradescola ata o 5 de abril de 2024. O xurado do certame, composto por membros do profesorado da Tradescola, seleccionará 10 debuxos finalistas, que serán premiados cun lote de material didáctico. Ademais, elixirá unha gañadora ou gañador que poderá matricularse de xeito gratuíto nunha materia na Tradescola no vindeiro curso.

O seu centro educativo recibirá como agasallo un concerto didáctico de música tradicional a cargo da Trasdescola. O certame de debuxo é parte das actividades que a escola de música tradicional da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desenvolve ao longo do ano, co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo. Xunto coas actividades divulgativas e lúdicas, a Tradescola imparte ao longo do ano aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que asisten máis de 300 alumnas e alumnos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12830710411072