A tirolina da Pontenova ofrece un curso de monitor
A tirolina da Pontenova ofrece un curso para monitor de tirolinas que será os días 22 e 23 de xaneiro. As prazas son limitadas e para participar será necesaria a previa inscrición chamando ao 633 248 835.
O programa inclúe formación teórica e práctica, visitaranse as instalacións e faranse manobras de lanzamento entre os participantes, explicarase cómo poñer e quitar os equipos, cuestións de organización e loxística, así como prácticas de rescate.
O curso é totalmente gratuíto e dará opción a un contrato laboral como monitor de tempo libre. As prazas son limitadas e preferiblemente destinadas a persoas con formación relacionada co sector da aventura.
A tirolina terá unha dimensión de 330 metros de lonxitude e 50 metros de altura que unirá a mina Consuelo e o forno Boulloso.
O complexo histórico-recreativo da mina Consuelo-Boulloso será máis que un parque de aventuras. Está pensado para que as persoas vivan unha experiencia única, con encanto, un espazo para o lecer integrado na natureza e que aproveita o legado mineiro da vila para o goce dos visitantes dende múltiples puntos de vista: cultural, deportivo, educativo e recreativo.
A tirolina recrea o antigo funicular aéreo da mina e será un elemento máis dentro dun conxunto de actividades enlazadas entre si. Agárdase que sexa unha experiencia moi atractiva e que se construirá ata 50 metros por riba do chan e terá máis de 330 metros de lonxitude, sendo unha das tirolinas máis grandes de Galicia. Atravesará o río Turia, cruzando da ladeira da mina Consuelo ata a mina do Boulloso.
A espeleoloxía, xunto co sendeirismo, tamén serán outras das actividades que se fomentará no novo complexo.