A terceira Xuntanza de Mulleres será o sábado 9

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol organiza o sábado 9 a terceira Xuntanza de Mulleres, cunha comida baile a partir das 14:00 horas no centro social de Merille.
7 Mar 2019

O Concello de Ourol organiza o sábado 9 a terceira Xuntanza de Mulleres, cunha comida baile a partir das 14:00 horas no centro social de Merille. Para poder asistir hai que anotarse no departamento de servizos sociais.
É gratis para as empadronadas, mentres que as non empadronadas poden acudir por 20 euros. O Concello pretende que esta cita sirva de espazo de celebración dos logros alcanzados polas mulleres pero tamén como acto reivindicativo de todos os dereitos que aínda quedan por acadar.

0.10915589332581