A terceira edición da Festa do Requesón de Vilamartín Pequeno, en Barreiros, celebrarase en xuño
AMariñaXa
A dous meses da cita, Vilamartín Pequeno xa dá a coñecer o programa das Festas na honra a San Xoán Degolado.
16 Abr 2024
A dous meses da cita, Vilamartín Pequeno xa dá a coñecer o programa das Festas na honra a San Xoán Degolado. Ademais de verbena e da churrascada de balde para todos, organizan a terceira edición da Festa do Requesón.
O programa comeza o venres 14 de xuño coa verbena da man de Gran Parada e Cinema. O sábado haberá misa solemne, procesión e sesión vermú co grupo Lume. A partir das 15.00 horas terá lugar a terceira edición da Festa do Requesón e xantar popular no campo da festa.
Xa pola noite, a partir das 21.00 horas, terá lugar unha churrascada gratuíta e logo gran verbena con Lume e Nostalgias.