A Sucadoira recibiu bolsas de tea para a promoción dos produtos locais
AMariñaXa
A asociación A Sucadoira vén de recibir 10.000 bolsas para a promoción dos produtos locais e que tamén contan con deseño ribadense.
10 Ago 2021
A asociación A Sucadoira vén de recibir 10.000 bolsas para a promoción dos produtos locais e que tamén contan con deseño ribadense. “Estas bolsas supoñen un vínculo de unión entre produtor e consumidor; ademais de contribuír a amosar unha imaxe unificada da marca Horta de Ribadeo", din densde a asociación.
Grazas á Sucadoira pódese comercializar a planta e a semente do pemento de Piñeira que conta cunha propia IXP, tamén destaca a importancia de comezar a traballar a terra para plantar a faba amparada pola IXP Faba de Lourenzá en toda a comarca da Mariña.