A subida en kaiak ao Río Sor regresa este mércores ao Vicedo

O Concello do Vicedo organiza este mércores, 6 de agosto, unha das súas citas xa consolidadas do verán: a subida en kaiak ao Río Sor.
A actividade, que combina deporte e lecer, permitirá ás persoas participantes descubrir esta contorna natural desde dentro, navegando en kaiak, con guías locais e desfrutando da beleza do río
A subida comezará ás 11:00 horas e o punto de encontro será o embarcadoiro do Vicedo. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 982 590 195 ou por correo electrónico, na dirección turismovicedo@gmail.com.