A subdelegada do Goberno visitou as obras de Renfe no apeadoiro de Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 sep 2019

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, visitaron as obras de mellora que está a executar Renfe no apeadoiro de Foz. Estiveron acompañados polo xerente do Servizo Público e Ancho Métrico da Cornixa Cantábrica, Javier González Villoria e polo concelleiro de Turismo e Actividades Económicas, Chema Linares.

A empresa pública ferroviaria comezou o pasado mes de agosto obras de reforma nos apeadoiros de Foz, Nos, Cangas de Foz, Covas de Viveiro e Viveiro por importe próximo aos 374.000 euros. As actuacións permitirán mellorar a accesibilidade das estacións mediante o recrecido de andéns con novo solado para adaptar á altura da plataforma do tren. Por outro lado, mellorarase a eficiencia enerxética coa instalación de alumeado LED, mellorarase a señalética e sustituiranse as varandas nos andénes onde sexa preciso.

Nos apeadoiros de Nois e Cangas de Foz sustituiranse as actuais marquesiñas, xa deterioradas, por unhas novas, seguindo o modelo doutras estacións da rede.

Está previsto que todas estas actuacións estean finalizadas o próximo mes de xaneiro de 2010.

Dentro deste proxecto, Renfe tamén ten previsto mellorar, na provincia da Coruña, a accesibilidade do apeadoiro de Virxe do Mar, mediante a instalación dun ascensor para acceder desde o nivel da rúa ao andén, que se atopa nunha cota elevada.

Neste momento, esa actuación atópase en fase de licitación por un importe de 153.800 euros. 

0.16882014274597