A situación na Mariña recrudécese con aumentos en varios concellos

TerraChaXa | AMariñaXa
A situación na Mariña recrudécese con aumentos en varios concellos. A provincia aumenta os seus casos activos, que xa son 475
69760448_679569325889496_1359844859900329984_n
2 Xan 2021

As xornadas de celebración de Fin de Ano non axudaron a controlar o virus na provincia, que seguiu aumentando nas últimas 48 horas os seus casos activos, que xa son 475, 31 máis que o día 31 de decembro. De feito, nas últimas horas rexistráronse 39 casos activos máis mentres que as altas chegan ás 6.568, 51 máis en dúas xornadas.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.190 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.

Malia o aumento de casos,  baixa a presión hospitalaria levemente, xa que hai dous casos menos que onte. Mentres a UCI mantén a dúas persoas, baixa a hospitalización en planta en dous casos e xa son 16: 3 no Hula, 9 no Hospital da Mariña e 2 no Hospital de Monforte.

A situación na Mariña continúa a ser preocupante en Xove, onde continúan aumentando os novos contaxios, aínda que agora de forma máis lenta. A día de hoxe son 70 casos acumulados, tres máis que hai dous días. Mentres en Viveiro, comeza a notarse unha estabilización e baixa a 53 casos, cinco menos que hai quince días.

Os dous concellos están con peche perimetral e control da hostalaría así como medidas de aforo ao estar en estados de alerta.

Pero a situación empeora tamén co cambio de ano noutros concellos. Así, Burela chega aos 22 casos, oito máis que hai 48 horas, e Ribadeo chega a 28, 7 máis, debido á detección de 10 novos positivos por covid a residencia asilo, 7 de usuarios e 3 de traballadores do centro.

Tamén sobe de dez a incidencia acumulada en Foz, onde este sábado certifica 12 contaxios novos nunha quincena.

Hoxe, á Lourenzá únese Barreiros, como os únicos concellos mariñaos onde non houbo casos novos de covid na última quincena.

0.092139959335327