A situación da covid empeora en varios concellos da comarca

TerraChaXa | AMariñaXa
A provincia de Lugo continúa revertindo o seu cremento negativo do virus e volve sumar casos novos, concretamente dez máis que a xornada anterior polo que xa son 381 os casos activos na xornada deste sábado.
FEIRA DO FERRO RIOTORTO
26 Dec 2020

A provincia de Lugo continúa revertindo o seu cremento negativo do virus e volve sumar casos novos, concretamente dez máis que a xornada anterior polo que xa son 381 os casos activos na xornada deste sábado.

Esta cifra dase pola suma de 33 novos positivos. Malia que as altas continúan non logran superar aos casos novos polo momento. Deste xeito, dende que comenzou a pandemia xa hai 6.939 persoas que padeceron a enfermidade das que 6.412 xa a superaron. Tamén 144 perderon a vida dende o mes de marzo.

A presión asistencial continúa con 145 persoas hospitalizadas, 4 delas na UCI. Ademais hai 6 persoas ingresadas no Hula, 3 na Mariña e 1 en Monforte.

Na Mariña a situación empeora de novo en especial pola chegada do virus a varios centros de maiores en Xove, Ribadeo e Trabada. Polo momento Viveiro segue en especial vixilancia xa que ronda os 57 casos nos últimos quince días mentres que en Xove xa son 33 polo que se suspenderon as actividades de Nadal para frear o crecemento. Burela acumula tamén 17 casos nesta última quince e Ribadeo chega aos 10 casos aínda que poderían sumarse más ao longo da xornada de hoxe xa que, ao igual que Trabada, están pendentes dos resultados nos centros de atención aos maiores.

Pola contra, só Mondoñedo e Lourenzá mantéñense sen casos novos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13462686538696