A Sepi e Alcoa firmarán a venda da planta antes do 30 de abril
O presidente de Alcoa, Álvaro Dorado, anunciou hoxe ante o comité de empresa, que a intención de todas as partes implicadas no proceso de venda da factoría de Aluminio á Sepi é ter pechado un acordo antes do 30 de abril.
"Temos que conseguir que esta fábrica se venda e dar continuidade aos postos de traballo e ao 100% da produción", relatou o presidente do comité, José Antonio Zan.
O acordo partirá do que se iniciara o 27 de setembro, onde a separación de plantas e o tempo de suministro de alúmina conformaron os escollos na negociación.
Segundo explicou Zan, esta semana seguirase a debatir o transit á espera de conformar a venda. "Se hai un acordo entre as partes nós non faremos valer a data límite do 30 de abril, poderemos prorrogalo sen problema.
Ademais, indicou que Liberty House segue interesada en comprar a planta de Aluminio e será o Sepi quen lla venda en canto se cerre o acordo con Alcoa.