A Semana Santa de Viveiro, de Interese Turístico Internacional contará con 15 procesións e máis de 3500 confrades

TerraChaXa | AMariñaXa
10 Apr 2019

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos actos da Semana Santa de Viveiro, declarada de interese turístico internacional. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, estivo acompañado polo presidente da Xunta de Confrarías viveirense, José Veiga, e a  voceira da organización, Mari Carmen López, entre outros.

O delegado gabou “o labor entregado das confrarías durante estes días e durante todo o ano”, que resulta definitivo no éxito “dunha das celebracións relixiosas más antigas de Galicia”, xa que se celebra sen interrupción dende o século XIII. Engadiu que a Semana Santa de Viveiro está considerada como “unha das máis fermosas de toda a comunidade, e destaca polo grande valor histórico e artístico da súas imaxes”.

Segundo explicaron os representantes das confrarías, celebraranse 15 procesións nas que  sairán ás rúas 35 pasos e arredor de 3.500 confrades.

O 12 de abril será o Venres de Dores e ás 21:30 sairá a Procesión da Virxe das Dores desde a Igrexa de San Francisco e serán 1741 pasos.

O 13 de abril terá lugar o Sábado de Paixón que comezará ás 18:00 co concerto X Aniversario da Banda Nosa Señora da Misericordia de Viveiro no Convento das Nais Concepcionistas.

Ás 20:30 horas será o pregón no Teatro Pastor Díaz a cargo de José Manuel González-Páramo, doutor e doble Máster en Economía pola Universidade de Columbia de Nova Iorque e será presentado por Luis de Carlos Bertán. Pechará o acto a Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

Domingo de Ramos

O 14 de abril, Domingo de Ramos, ás 12:00 horas comezará a Procesión da Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén tamén chamada da Borriquita con saída da parroquia de Santiagodesde a Igrexa de San Francisco. O paso será a Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén (José Rivas-1948).

Ás 20:00 horas chegará a Procesión do Ecce-Homo con saída desde a Igrexa de San Francisco. Os pasos serán o Ecce-Homo dos franceses (s. XV), Coronación de espinas ou O Sentado (s. XV), Cristo da Beira Cruz (s. XV) e a Virxe Inmaculada dolorosa (s. XVIII).

O 15 de abril ou Luns Santo ás 21:00 horas chegará a Tamborrada polas rúas de Viveiro con final na praza Maior organizado pola Xunta de Confrarías Semana Santa.

O 16 de abril ou Martes Santo ás 21:00 horas realizarase o Vía Crucis de Mulleres con saída da Igrexa de San Francisco cos pasos do Cristo da Beira Cruz (s. XV), e recóllese en Sta. María a imaxe de María ao pé da Cruz (Modesto Quilis – 1908).

O 17 de abril, Mércores Santo, ás 22:00 horas sairá o Vía Crucis de Homes da Igrexa de San Francisco co paso do Cristo da Agonía (José Rivas – 1946). Acompáñao 14 penitentes coa Cruz ao lombo.

Xoves Santo

O 18 de abril é o Xoves Santo e ás 19:30 horas haberá a Procesión da Última Cea con saída da Igrexa de San Francisco cos pasos da Cea ou Os Apóstolos (Juan Sarmiento – 1808); A Oración do Horto (escola de Gregorio Fernández – s. XVII; Imaxe do Anxo de Juan Luís Otero – 1968). A Flaxelación ou O Cristo da Columna, (José Tena – 1908); o Ecce-Homo ou O Cristo da cana, (José Rivas – 1950) e a Santísima Virxe das Dores (1741).

Ás 22:00 horas será a Procesión do Prendemento organizada pola Irmandade do Prendemento na que colabora a Confraría O Nazareno dos de Fóra. Os pasos serán O Prendimiento ou O Bico de Xudas (José Rivas – 1947), As Negaciones de S. Pedro (Antonio Bernal Redondo – 2010/2012), o Ecce-Homo Corazón de Xesús (s. XVII), o Noso Pai Jesús Nazareno (Francisco Romeu Zafra – 2012) e a Virxe das Dores (principios s. XX).

Venres Santo

O 19 de abril é o Venres Santo comezará coa á procesión do Encontro que terá lugar ás 10:00 horas na Praza Maior e o adro de Santa María. Os pasos que sairán serán Xesús coa Cruz ao lombo ou O Cristo que cae, (s. XV), San Xoán e A Verónica (Juan Sarmiento – 1775) e A Dolorosa (1741).

Ás 12:00 horas chegará o Sermón das Sete Palabras na Igrexa de San Francisco na que participa a Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

Ás 18:30 horas é o Descendemento ou tamén chamado Desencravo cos pasos de Cristo do Desencravo (s. XVII), A Dolorosa (s. XX) e o de San Xoán (s. XX). Sairá desde o adro de Santa María e está organizada polo Ilustre e Venerable Confraría do Stmo. Rosario.

Ás 19:30 horas sairá a Procesión do Santo Enterro con saída desde a Igrexa de Santa María. Os pasos que procesionarán Abre filas a Cruz Procesional (Pedro Rodríguez – 1562), A Magdalena (José Tena – 1916), San Juan (José Tena – 1909), Santísimo Cristo Yacente (José Tena – 1908) custodiado por catro anxos que portan os atributos da Paixón (Rodríguez e Ponte 1955), escoltado por unha garda romana. E o da Virxe da Soidade (José Rivas – s. XX).

Este ano celebrarase unha procesión extraordinaria da Paixón o Venres Santo -ás 22.00 horas- para conmemorar o 75 aniversario da Confraría do Santísimo Cristo da Piedade, que reunirá un paso titular de cada unha das oito confrarías de Viveiro e contará coa participación de 1.500 confrades.

Xa por último ás 00:00 horas será a vez do Sermón da Soidade desde a Igrexa San Francisco. E ás 00:30 horas sairá a Procesión da Soidade tamén chamada Dos Caladiños cos pasos da Verónica (Juan Sarmiento – 1775), San Xoán (Juan Sarmiento – 1808) e a Virxe da Soidade (1741). Á súa finalización, ante a Venerada Imaxe da Virxe Dolorosa, canto popular do Salve na Igrexa de San Francisco.

O 20 de abril é Sábado de Gloria e comezará coa procesión da Esperanza da Resurrección que comezará ás 19:30 horas con saída da Igrexa de San Francisco, e o paso da Nosa Señora da Esperanza (Francisco Romeu Zafra – 2010).

Domingo de Resurrección

O 21 de abril é o Domingo de Resurrección que comezará coa procesión do Encontro de Resurrección que comezará ás 12:00 horas, con saída da Igrexa de San Francisco, e os pasos San Juan (s. XX) e Nosa Señora do Sagrado Corazón (Francisco Font – 1880). Na Praza Maior terá lugar o Encontro de Resurrección.

Ás 19:30 horas será a vez da Procesión do Vía Lucis con saída de San Francisco cos pasos da Resurrección (Leopoldo Rodríguez – 2005/2008) e Nosa Señora do Camiño da Luz (Antonio Espadas – 2013). Está organizada pola Irmandade das Sete Palabras.

Actos litúrxicos

O 11 de abril ás 20:30 celebrarase o Sacramento da Reconciliación da Unidade Pastoral de Viveiro (Confesións). O 14 de abril será a tradicional bendición dos Ramos, ás 13:00 e ás 19:00. O Xoves Santo, ás 17:00, terá lugar a celebración da Cea do Señor. Ao día seguinte, Venres Santo,  a Acción litúrgica da morte do Señor será ás 17:00 horas. O 20 de abril é o Sábado Santo e a partir das 12:00 terá lugar o acompañamento na oración á Virxe da Soidade. Ás 22:30 será a Solemne liturxia da Vixilia Pascual. Por último, o Domingo de Resurrección; entre ás 11:00 e ás 19:00 horas, toca eucaristía e rezo do Via Lucides ás 18:00 horas.

Santa María

Do 9 ao 17 de abril será a Novena á Virxe da Soidade. O 14 de abril ás 11:00 haberá bendición dos ramos, procesión e eucaristía. O 18 de abril, ás 17:30 horas, será a celebración da Cea do Señor e ás 21:00 o Sermón das Negacións de San Pedro, a cargo do Padre Rufino Callejo de la Paz, dominico de Santo Domingo El Real de Madrid. O 19 de abril será a Acción Litúrxica da morte do Señor ás 17:30 horas. O 20 de abril é o Sábado Santo e a partir das 21:30 será a solemne liturxia da Vixilia Pascual. Por último, o 21 de abril é o Domingo de Resurrección que celebrará a eucaristía ás 13:00.

Concepción

O 14 de abril ás 10:00 é a bendición dos ramos, procesión e eucaristía. O 18 de abril, o Xoves Santo ás 16:30 horas será a celebración da Cea do Señor e ás 22:30 a Vixilia da oración ante o Santísimo. O 19 de abril terá lugar a Acción Litúrxica da morte do Señor ás 16:00 horas. O 20 de abril a partir das 20:30 será a solemne liturxia da Vixilia Pascual.

Betania

O 14 de abril, ás 10:00, é a bendición dos ramos, procesión e eucaristía. O 18 de abril será o Xoves Santo ás 17:00 horas e terá lugar a celebración da Cea do Señor. O 19 de abril, toca na programación a Acción Litúrxica da morte do Señor ás 16:00 horas. O 20 de abril a partir das 20:30 oficiarase a solemne liturxia da Vixilia Pascual.

Orde Terceira

Do 4 ao 12 de abril ás 19:00 é a Novena á Virxe das Dores, rosario e novena e ás 19:30 horas a eucaristía. O 12 de abril ás 11:00 horas será a eucaristía, e despois a exposición do Santísímo ata os cultos da tarde e xa, pola tarde, ás 20:30 a solemne eucaristía.

0.16507506370544