A Semana do Deporte de Burela remata esta fin de semana con pádel, BTT, sendeirismo e xadrez

TerraChaXa | AMariñaXa
En Burela continúa coa celebración da IV Semana do Deporte que daba comezo este mércores e rematará o vindeiro domingo.
5 Apr 2019

En Burela continúa coa celebración da IV Semana do Deporte que daba comezo este mércores e rematará o vindeiro domingo.

Mañá, 6 de abril, celebrarase un clínic de pádel, organizado por Activity Center. Terá un horario de 12:00 a 14:00 horas nas instalacións de Activity Center. Pola tarde na Praza da Mariña de 16:00 a 18:00 horas haberá un circuíto infantil de BTT, organizado por Cerezo Bikes.

O domingo, 7 de abril, a asociación Pasada das Cabras organiza un paseo pola ruta de sendeirismo circular de Burela. A saída será desde Capitanía Marítima, ás 10 horas. Tamén pola mañá, de 11:00 a 13:00 horas, no salón de conferencias, celebrarase un taller de iniciación ao xadrez para adultos, organizado polo club Reyes y Peones.

O domingo á tarde terá lugar o torneo de xadrez Reyes y Peones, no pavillón Monte Castelo, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

0.17093896865845