A nova edición do Vendaval Fest será o 26 e 27 de xullo
A vila de Ribadeo acollerá o 26 e 27 de xullo a segunda edición do Vendaval Fest, un pequeno festival ao aire libre que contará con entrada e acampada gratis.
Dende a organización, a asociación sen ánimo de lucro Catro Caños, fixeron público o cartele este ano participarán La Fuga, O’Funk’illo, Dixebra, Familia Caamagno, Corazones Eléctricos, Baja California, Os John Deeres, Remakers, Superfuzz e The Nineties.
O festival comezará o venres 26 de xullo ás 19.30 horas no recinto principal e seguirá o sábado 27 de xullo coa música en directo en diferentes localizacións do pobo desde o medio día e para continuar a xornada, a partir das 19.30 horas, no recinto principal, volverán os concertos.
Para pechar a fin de semana, o domingo 28 de xullo na praza de Abastos, realizarase un vermú con música en directo e despedir así o festival ata o 2025.