A segunda edición do Campus de Fútbol do Real Oviedo volve celebrarse en Ribadeo

AMariñaXa
A iniciativa foi presentado no Concello e está destinada a rapazas e rapaces nados entre 2018 e 2009
presentación-campus-Real-Oviedo
Presentación do campus
4 Xuño 2024

Do 8 ao 12 de xullo terá lugar en Ribadeo a segunda edición do Campus de Fútbol do Real Oviedo, que foi presentado no Concello e que está destinado a rapazas e rapaces nados entre 2018 e 2009. César Martín, director de Relacións Institucionais do Real Oviedo, asegurou que a última edición fora magnífica.

“Todos os mozos e mozas que participaron fixéronnos vivir momentos moi bonitos. É unha semana de moita intensidade, de moito fútbol, doutras actividades. E logo culmínase cunha visita a Oviedo na que poden pasar unha mañá con algún xogador do primeiro equipo do Real Oviedo”.  O presidente dá SD Ribadeo, Valentín Coto, manifestou o seu agradecemento: “Na SD somos sobre 250 nenos e esperemos que a maioría deles inscríbanse  no campus. O ano pasado saíu todo perfecto. Así que, nada, que contedes con toda a colaboración, tanto do SD Ribadeo como dos monitores e técnicos que temos no club, para o que necesitedes para a semana do 8 ao 12 de xullo”.

O alcalde, Dani Vega, agradeceu tanto ao Real Oviedo como ao SD Ribadeo: “Nós desde o Concello, desde a Concellería de Deportes, tanto Iván como Silvent están a traballar para que Ribadeo sexa ese centro de campus, desde un punto de vista deportivo e que a nós impórtanos moitísimo. Grazas ao Real Oviedo por colaborar connosco, seguir neste equipo de traballo para que veñan máis campus a Ribadeo e por tanto acollelos nas nosas instalacións. Seguimos colaborando e entre todos seguimos traballando para mellorar o deporte”.

0.20307517051697