A SD Xove contará co apoio económico de Adamo, polo que o equipo de fútbol sala chamarase Adamo Xove FS

AMariñaXa
A duración do novo acordo será dun ano, aínda que ambas as partes coinciden en que poderá estenderse con posterioridade
Adamo-Xove
12 Xuño 2024

Adamo Xove FS será a denominación oficial do club lucense de fútbol sala de Xove a vindeira tempada 2024-2025 despois de renovar o patrocinio que acaban de asinar a compañía de telefonía e Internet e a entidade deportiva, que supón que Adamo apoiará economicamente á SD Xove por cuarta tempada consecutiva.

A duración do novo acordo será dun ano, aínda que ambas as partes coinciden en que poderá estenderse con posterioridade a ese prazo. Así, o Adamo Xove FS lucirá o logo da empresa na parte dianteira do equipamento.

Ao lado da entidade deportiva asinou Antonio Rey, presidente da mesma; e por parte da empresa, David Llano, responsable de Adamo en Galicia tamén asinou.

Cabe destacar tanto o arraigamento do club na súa contorna como os seus éxitos deportivos en distintas categorías: o primeiro equipo concluíu a liga regular en terceira posición e disputou o playoff de ascenso, mentres que os cadetes e os xuvenís proclamáronse campións.

O directivo, ademais de celebrar a ampliación do convenio, destacou “o papel que está a desempeñar Adamo no ámbito deportivo de toda a comarca, demostrando un compromiso xenuíno co deporte local”.

Promocións especiais

Como expón Adamo na súa calidade de patrocinador, os compoñentes da organización patrocinada poden acceder a promocións especiais. Así, a compañía ofrece agora fibra óptica de 400 Mb e móbil con 30 GB por 29 euros, sendo o paquete máis competitivo do mercado neste segmento; así como fibra de 1.000 Mb e móbil con 50 GB por 39 euros. A este último pódeselle engadir unha rebaixa de 60 euros ao longo de medio ano (10 euros ao mes). Tamén inclúe un cheque regalo de Amazon por valor de 25 euros.

Adamo ten unha forte presenza na provincia, xa que proporciona fibra óptica en 106.000 fogares de 50 concellos de Lugo, o cual supón un fito no desenvolvemento recente das infraestruturas do territorio. Dentro desa cifra, máis de 2.300 vivendas atópanse repartidas entre todas as parroquias de Xove.

0.13755798339844