A sala de fuxida 'O circo do silencio' estará en Foz o día 25 de xullo

Foz
AMariñaXa
O 'scape room' O circo do silencio estará no concello de Foz dentro da programación do FalaRedes 2023, será o día 25 de xullo
o circo do silencio2
15 Xul 2023

Presentouse o “scape room” O circo do silencio, unha actividade dirixida especialmente á mocidade e que estará no concello de Foz dentro da programación do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística impulsado polo goberno galego.

O circo do silencio é unha sala de fuxida ambientada nunha carpa circense instalada na rúa. Está pensada para catro xogadores por quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de enigmas para completaren a misión final.

A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lle permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretarán un grupo de detectives contratados para investigaren este roubo. Así, terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.

A xornada será o vindeiro xoves 25 de xullo no Paseo Marítimo e onde se poderá participar cada 45 minutos entre as 11.00 e as 21.00 horas.

A información completa pode consultarse na Axenda de Cultura de Galicia e no Portal da Lingua Galega.

0.14528393745422